«How about a nice game of chess?»

Viernes, 6 Junio 2008 at 0:19 (Edu, anecdotas, cine, movidas, personal)

Segundo vexo en Microsiervos, este xuño cúmprese o vintecinco aniversario da estrea de Xogos de Guerra («WarGames»)

A verdade é que non estou certo de se este é o filme que máis veces vin na miña vida (está en dura competencia con Indiana Jones e a última cruzada), pero certamente si que é un dos que máis influíron na miña vida. Así, no canto de me facer arqueólogo para percorrer mundo loitando contra os nazis, ou de me meter a carismático contrabandista espacial deume por estudar Enxeñaría Informática. Coido que tomei a decisión correcta. Á fin e ao cabo, ser un carismático enxeñeiro informático que percorre o mundo tampouco está tan mal ;)

Escribe un comentario