In the Sign of the Octopus
Grande concerto o de Hellacopters onte. Mágoa da acústica de Expocoruña (bastante eco), pero éche o que hai. Para concertos de tamaño medio non é que haxa moitas alternativas na Coruña; de feito, só me vén á cabeza o pavillón de Riazor, e tampouco e que sexa moi alá. Por certo, primeiro consello do post: se ides a Expocoruña tende coidado de dicirllo claramente ao taxista, non vaia ser que el vos queira levar a Oh! Coruña, como nos pasou a nós onte. Namentres cruzabamos o aparcamento de Continente atopamos unha chea de xente que ía até o Coliseo, ao concerto de Amaral. Alí escoitamos Epi e máis eu unha das mellores conversas da noite:
Sin comentarios
Es cierto, ahora mismo no se me ocurre nada que decir para ésta entrada, salvo que espero que os guste y atentos al final, sobre el segundo 44-45.
