Attitude (I)

Lunes, 24 noviembre 2008 at 23:49 (deportes, Edu, movidas) ()

Nun post de xa hai un tempo Isma dicía que tiñamos que ver de facermos un post conxunto sobor do significado da expresión «attitude». Para o beneficio do lector, vou pór hoxe un exemplo de xente con attitude:

Partido Gales-Nova Celandia de rugby. Os All-Blacks fan xusto antes do partido a Haka, unha danza tradicional dos guerreiros maorís. Qué fixeron os galeses ao remataren os kiwis? Manterse impasibles, fitando os neocelandeses e mostrando que o baile non lles metía medo ningún. E non romper a formación até que os All-Blacks o fixeron primeiro:

(Por certo, ao cabo dos 80 minutos Gales perdeu por 9-29. Pero iso sí, con attitude.)

Permalink 2 comentarios

Tal día coma hoxe, hai 25 anos …

Viernes, 10 octubre 2008 at 11:32 (Edu, personal) ()

reinaba a paz e a tranquilidade. Tiven que vir eu a estragalo todo…🙂

[Orixinariamente, nesta entrada ía ir a versión dos Ramones de «I don’t want to grow up» de Tom Waits, pero a verdade é que a alternativa a me facer vello non me acaba de convencer :)]

Permalink Dejar un comentario

Volta ao cole

Lunes, 29 septiembre 2008 at 23:30 (Edu, movidas) ()

Permalink Dejar un comentario

In the Sign of the Octopus

Domingo, 21 septiembre 2008 at 16:37 (Edu, música) ()

Grande concerto o de Hellacopters onte. Mágoa da acústica de Expocoruña (bastante eco), pero éche o que hai. Para concertos de tamaño medio non é que haxa moitas alternativas na Coruña; de feito, só me vén á cabeza o pavillón de Riazor, e tampouco e que sexa moi alá. Por certo, primeiro consello do post: se ides a Expocoruña tende coidado de dicirllo claramente ao taxista, non vaia ser que el vos queira levar a Oh! Coruña, como nos pasou a nós onte. Namentres cruzabamos o aparcamento de Continente atopamos unha chea de xente que ía até o Coliseo, ao concerto de Amaral. Alí escoitamos Epi e máis eu unha das mellores conversas da noite:

Leer el resto de esta entrada »

Permalink Dejar un comentario

Sin comentarios

Martes, 2 septiembre 2008 at 20:21 (Diego, tv)

Es cierto, ahora mismo no se me ocurre nada que decir para ésta entrada, salvo que espero que os guste y atentos al final, sobre el segundo 44-45.

Permalink 3 comentarios

Contra a síndrome postvacacional

Lunes, 1 septiembre 2008 at 17:07 (Edu, movidas)

Permalink 1 comentario

Substituide «fin de semana» por «agosto»

Viernes, 1 agosto 2008 at 19:41 (movidas, subnorgatos)

Boas vacacións!

Permalink Dejar un comentario

Pasei sábado por Euro Disney…

Lunes, 21 julio 2008 at 0:49 (Edu, movidas)

e a verdade é que, cando o mirei pola tele, non semellaba ser tan pequeno

Permalink 1 comentario

Nazgûl, Nazgûl,… Nazgûl! Jackpot!

Lunes, 7 julio 2008 at 1:47 (Edu, movidas)

Como estou vendo que non vou poñer as fotos de Glasgow, deixádeme pór polo menos á fotografía máis estraña das que quitei en Escocia: eis a máquina comecartos d’O señor dos Aneis que recibe aos viaxeiros que chegan á terminal do Glasgow International Airport. Abraiante, verdade?

Permalink Dejar un comentario

Champions of Europe

Lunes, 30 junio 2008 at 2:33 (deportes, Edu)

(Champions of Europe, o primeiro xogo de fútbol que tiven, na Master System II. De novo pensaba que a selección da portada era a española; realemente debía ser a dinamarquesa, que foron os campións desa edición, na que entraron substituíndo á antiga Iugoslavia. España non se clasificou, se ben é certo que daquela só se clasificaban oito equipos (!) para a clase final, contando cos organizadores. Após de 16 anos, xa podemos protagonizar unha portada similar.)

Permalink 72 comentarios

Next page »